Add Galician translation from Weblate

This commit is contained in:
josé m.
2026-03-16 22:02:22 +01:00
committed by mimi89999
parent ca84822822
commit 51aad890f0
3 changed files with 236 additions and 0 deletions
@@ -0,0 +1,16 @@
Authnkey é un provedor de credenciais que che permite usar chaves de seguridade FIDO2 (como Yubikey, Solokey, Nitrokey, ou Token2) para autenticación con clave de paso en Android.
O sistema WebAuthn propio de Android ten unha eiva importante: non é compatible con CTAP2 sobre NFC. Por isto non podes usar claves de paso protexidas cun PIN ou credenciais descubribles con chaves de seguridade NFC — só te podes limitar ao básico U2F tocar-para-autenticar. Authnkey soluciona este problema implementando completamente o protocolo CTAP2.
A app rexístrase como provedor de credenciais, polo que calquera app ou navegador compatible con Android Credential Manager API ofrecerá Authnkey como opción cando se soliciten claves de paso.
Tamén funciona en dispositivos sen Google Play Services, porque Authnkey implementa o protocolo CTAP2 directamente e non sobre a base FIDO2 API de Google.
Características compatibles:
- Creación de claves de paso e autenticación
- Verificación do PIN
- Credenciais descubribles
- Varias contas por sitio web
- Transporte NFC e USB
Non precisas acceso root.
@@ -0,0 +1 @@
Provedor de Claves de Paso para Chaves de Seguridade por hardware